Un grupo de kaiakistas limpa esta fin de semana as praias de Onza e Fedorentos, en Ons
Por Redacción
A Asociación Galega de Kaiak de Mar e o Club Nordeskayak, en colaboración do Parque Nacional Illas Atlánticas, organizou para esta fin de semana unha retirada de lixo das praias de Onza e Fedorenta, dous areais de difícil acceso no arquipélago de Ons.
Un grupo de 20 kaiakistas prestáronse voluntarios para unha tarefa que realizan coas súas propias embarcacións nunha zona de gran valor ecolóxico por acoller unha importante colonia de cría de aves mariñas, especielmente de gaivota patiamarilla e de corvo mariño moñudo.
Os refugallos chegan a Onza, unha pequena illa que conta con dous pequenos areais, e a Fedorentos, unha cala rodeada de acantilados, a través das correntes mariñas e do vento, acumulándose na zona especielmente restos de plásticos que supoñen, ademais de problemas ambientais, que os animais poidan consumir estes refugallos ao confundilos con alimento ou que cheguen a enganchar as súas extremidades nos restos provocándose lesións e mesmo a morte.
A utilización do kaiak responde ao difícil acceso ás praias e ao mínimo impacto que representan, xa que os voluntarios acceden dende o mar aos areais para percorrer a zona retirando o lixo de forma manual pero con coidado de non afectar ao ámbito.
A refugallos que se recollen, sempre de orixe humana, son trasladados a terra firme para o seu procesado nunha embarcación do Parque Nacional.