ENCE presume antes da Marcha na súa contra da súa mellora ambiental
Por Oskar Viéitez
Un día antes da Marcha contra Celulosas que convoca a Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra, a dirección de ENCE presume de que o principal indicador de calidade do seu efluente á Ría, Demanda Química de Osíxeno (DQO), mellorou nun 21.3% en 2012. E nun 60% con respecto a 2002.
"ÿ unha satisfacción", explica o director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra, Antonio Casal. Na súa opinión, este avance demostra que "dende Pontevedra, e dende Galicia, se pode estar tamén á vangarda da xestión ambiental, que dende aquí podemos innovar e podemos ser líderes en sostibilidade.
Antonio Casal asegura que "se equivocan as persoas que non creen que dende o máis estrito apego á sostibilidade se poida xerar máis riqueza na Ría e na bisbarra procedente das actividades portuarias, o marisqueo e a acuicultura, a industria, o comercio, o deporte e o turismo".
Segundo datos da empresa pastera a DQO da fábrica de Ence en Lourizán "mellora en case nun 80% as referencias das autoridades comunitarias en materia de DQO". E o mesmo sucede coa DBO. "O dato consolida á factoría pontevedresa como a mellor de Europa polo seu proceso de depuración. Séguenlle fábricas alemás, suecas, finlandesas e portuguesas", afirman dende o complexo industrial.
"Queremos seguir mellorando", explica Antonio Casal "Nós defendemos, e seguiremos defendendo, que o Centro de Operacións de Ence en Lourizán debe continuar converténdose nun referente da economía verde de Galicia. ÿ lóxico que a moitas persoas lles poida resultar chocante. ÿ innegable que durante moito tempo a realidade da xestión ambiental da planta foi outra. Pero o feito é que ésto cambiou, e que quen sen datos nega a realidade actual desta fábrica está a proporcionar información falsa á cidadanía".