Cerponzóns celebra tres días de festas en honra a San Antonio, Santa Lucía e San Vicente
Por Redacción
A parroquia de Cerponzóns prepárase para celebrar as súas festas patronais, uns festexos que se desenvolverán os días 25, 26 e 27 de xaneiro en honra a San Antonio, Santa Lucía e San Vicente.
O venres 25 haberá misa en honra a San Antonio ás 20.00 horas.
O sábado, xunto a outra eucaristía para celebrar a festividade de Santa Lucía, haberá a partir das 21.30 horas unha verbena co Dúo Marema e Orquesta Televisión xunto unha chocolatada acompañada da raia.
O domingo está dedicado a San Vicente, patrón da parroquia. A xornada arrincará con alboradas a cargo dos grupos Boa Vila e Os Alegres.
Á unha terá lugar a misa solemne con procesión e, ao seu remate, empezará a sesión vermú cun concerto da Banda de Música de Pontevedra.