A Garda Civil sorprende en Vilaboa tres mozos cando intentaban roubar o gasóleo dunha escavadora
Por Redacción
A Garda Civil do Posto de Moaña detivo a N.A., de 20 anos de idade, a V.M.E., de 33, de nacionalidades marroquí e chilena, respectivamente, e a K.A.G.D.T., de 19, os tres veciños de Pontevedra, como supostos autores dun delito de roubo con forza de gasóleo.
Os feitos sucederon na madrugada do xoves, cando unha patrulla do referido Posto da Garda Civil, alertada por unha chamada telefónica dun cidadán, se dirixe á localidade de Vilaboa e sorprenden, os agora detidos, cando despois de romper o tapón do depósito de combustible dunha escavadora, estacionada na beirarrúa da estrada EP-0002, introduciran unha mangueira para a subtracción do combustible, incautándoselle tamén seis garrafas de plástico.
Por todo iso procedeuse á súa detención e a condución ás dependencias oficiais do Posto para a instrución das correspondentes dilixencias que xunto cos detidos, que carecen de antecedentes policiais, serán entregadas no Xulgado de Instrución número dous dos de Cangas.
Continúanse as investigacións polo que non se descarta que se lles puidesen imputar máis feitos delituosos desta mesma índole.