Unha operación antidroga deixa polo menos dez detidos nas Rías Baixas e 2.500 quilos de cocaína intervidos
Por Natalia Puga
Un espectacular operativo antidroga que aínda segue aberto deixou, polo menos, dez persoas detidas en diversas localidades das Rías Baixas. Están supostamente relacionadas cun alixo de entre 2.500 e 3.000 quilos de cocaína intevenido nos últimos días en augas do Atlántico.
Fontes da investigación confirmaron que a operación a están a desenvolver unidades especializadas da Policía Nacional. En concreto, efectivos da Unidade de Drogas e Crime Organizado (UDYCO) e do Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizada (GRECO) Galicia, con sede en Pontevedra.
As mesmas fontes indicaron que a
cocaína se interveu nun barco en altamar nos últimos días, se ben ata este xoves non saltou a operación en terra. Dende primeira hora da mañá realizáronse detencións e rexistros domiciliarios en diversas localidades pontevedresas e prevese que continúen ao longo das próximas horas. Tanto a investigación coma o operativo concreto desenvolvido para practicar as detencións continúan abertos.As primeiras detencións realizáronse simultáneamente nas localidades de Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vigo e Santa María de Oia durante a mañá, se ben os rexistros continuaron ao longo do resto do día.
A operación está sendo dirixida polo Xulgado de Instrucción número 6 de Vigo en colaboración coa Fiscalía Antidroga de Pontevedra e a Policía Nacional e os detidos encóntranse repartidos nas comisarías de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. No caso da capital, hai unha persoa detida dende a mañá deste xoves, pero descoñécese cando será posta a disposición xudicial.
A operacón continúa aberta e decretouse o segredo sumarial, de modo que transcenderon escasos datos dos arrestados. Si saíu á luz o nome dun detido sobre o que as Forzas de Seguridade tiñan os ollos postos dende hai anos, Marcos Vigo.
Marcos Vigo é un mozo Vilagarciano de 36 anos que foi detido con anterioridade por delitos relacionados co tráfico de vehículos de luxo e que en setembro de 2012 foi xulgado na Audiencia Nacional pola desaparición e morte do arousano Fernando Caldas en 2004. Non obstante, finalmente resultou absolto.
Fontes consultadas indicaron que Marcos Vigo podería ser un dos líderes dunha organización de narcotransportistas galega que trataría de introducir en España por vía marítima droga procedente de Sudamérica en colaboración cun grupo de delincuentes latinoamericanos.