Aprende a previr o cancro de mama
Por Redacción
Enfermeria.tv a televisión online especializada en temas de saúde editou un vídeo que ensina á muller a realizar a auto exploración de mamas co obxectivo de previr o cancro.
A grabación, titulada «De muller a muller», mostra en primeira persoa como se realiza unha auto exploración e que síntomas deben alertarnos. A aparición dalgún destes síntomas tamén pode asociarse a enfermidades benignas, polo que as matronas sinalan que nunca hai que angustiarse e pensar que se ten un cancro ao detectalos, senón acudir ao centro de saúde.