Tres persoas feridas nunha saída de vía por unha placa de xeo
Por Redacción
A central de emerxencias do 112 Galicia informou que ao fío das once da noite deste sábado, en Sanxenxo, rexistrouse un accidente.
O sinistro produciuse na estrada que une Meaño e Sanxenxo, ao paso pola parroquia de Nantes.
Concretamente, foi un vehículo que se saíu da vía debido á estrada esvaradía. A consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario polos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias.
Ao longo da madrugada do domingo a central do 112 recibiu máis de 80 avisos pola formación de placas de xeo en diferentes puntos da rede viaria galega sen que se producisen incidencias "de extrema gravidade".