Identificada unha muller por un presunto furto mediante un bolso anti alarmas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra procederon á identificación dunha muller de 34 anos de idade, natural de Rumania, con antecedentes policiais, como presunta autora dun furto nun establecemento da zona comercial de Pontevedra.
Os feitos sucederon sobre as 18.30 horas da tarde do xoves día 29 de maio, cando axentes pertencentes á Policía Nacional que se atopaban realizando labores de prevención da seguridade cidadá polas inmediacións da rúa Benito Corbal, foron requiridos pola responsable dun establecemento comercial tras sorprender a unha muller que trataba de abandonar o local sen abonar varias pezas.
Os axentes tras identificar á muller comprobaron como no interior dun bolso habilitado ao efecto para evitar que soen os dispositivos de alarma portaba varias pezas de vestir e calzado, todo iso valorado en 216,35 euros.
Os axentes fixéronlle entrega da correspondente cédula de citación para a celebración de xuízo rápido e procederon á incautación das pezas e zapatos que entregaron no establecemento comercial onde foran substraídos.