O sindicato CGT asegura que Renfe substitúe trens por autobuses na provincia por "falta de persoal"
Por Redacción
A falta de persoal está detrás, asegura o sindicato CGT, de varias situacións que están a afectar ao transporte por tren na provincia durante a época do Nadal.
Denuncia o sindicato que o operador público ferroviario Renfe-Viaxeiros tivo que substituír trens por autobuses na provincia de Pontevedra ante a falta de empregados que sofre nos seus departamentos de condución e na canle de venda, o que supoñería un incumprimento das obrigacións encomendadas polo Ministerio de Fomento.
Segundo os darvos recollidos por CXT, durante o Nadal substituíronse ata 12 trens por autobuses con orixe ou destino Vigo.
Ademais critican que o servizo de venda de billetes tamén se está a ver afectado por esa falta de persoa, cun só traballador nas estacións de Pontevedra, Vilagarcía e Vigo-Guixar, o que chegou a provocar longas colas para conseguir un billete.
A todo iso "temos que sumar a falta de persoal de Intervención que provocou que miles de trens circulasen sen persoal comercial a bordo que vendese billetes nas estacións sen venda e atendesen os incidentes en ruta", conclúe o sindicato sinalando o que entende como unha importante diminución na calidade do servizo aos viaxeiros.