Catro feridos leves na colisión de tres vehículos de madrugada en Vilaboa
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Catro persoas resultaron feridas con carácter leve como consecuencia dun accidente de circulación múltiple rexistrado durante a primeira madrugada deste ano 2019 en Vilaboa.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o accidente produciuse sobre as 2.15 horas deste martes 1 de xaneiro na estrada N-554, a un quilómetro da ponte de Rande.
Estas mesmas fontes indicaron que un total de tres vehículos víronse implicados neste sinistro e catro persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do sinistro. Acto seguido, os xestores do servizo pasaron o aviso ao 061- Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Morrazo, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Vilaboa.
Un condutor que casualmente circulaba pola N-554 no momento do accidente relatou que un dos vehículos implicados circulaba en dirección Vigo invadiu o carril contrario por causas que aínda se descoñecen e chocou con outros dous. Alomenos un deles circulando en dirección contraria á súa, cara a Pontevedra.
Segundo explicou, foron as propias testemuñas as que prestou unha primeira asistencia aos afectados pola colisión múltiple e mesmo axudaron a deixar oco na estrada para o paso doutros vehículos.