Un colector de lixo incendiado, única incidencia durante a Noiteboa
Por Redacción
Os bombeiros do Parque Municipal de Pontevedra tiveron que desprazarse ata a rúa Riestra durante esta madrugada. Ás 06.00 horas recibían unha alerta polo incendio dun contedor de lixo nesta céntrica rúa, segundo informaban fontes do servizo de bombeiros.
Ata o lugar tamén se desprazaba unha patrulla da Policía Local para investigar as causas deste incendio orixinado no depósito de residuos orgánicos situado ante unha sucursal bancaria, nun punto de recollida onde se almacenaban varias bolsas de lixo fóra dos contedores. Un veciño de Pontevedra, David Anxo Fernández, rexistraba o suceso con fotografías do momento en que as chamas adquirían unha maior dimensión. Non se rexistraron danos persoais.
Trátase da incidencia máis grave acaecida durante a Noiteboa, que transcorreu con normalidade en todas as Rías Baixas.