Os Bombeiros máis solidarios reciben centos de produtos de primeira necesidade na xornada de portas abertas
Por Redacción
Coa presenza de moitos menores e con ambiente festivo, o Parque Municipal de Bombeiros celebraba este domingo unha xornada solidaria, que levan organizando desde hai seis anos.
E nesta ocasión volveu resultar todo un éxito. Os visitantes tiñan que aportar alimentos de primeira necesidade, produtos de hixiene e xoguetes, que agora irán destinados a familias que se atopan nunha situación económica complicada.
Desta forma, os bombeiros atenderon e amosaron curiosidades do seu traballo ante numerosas familias interesadas nas actividades destes profesionais.
Todos os produtos recollidos van ser entregados a Redeaxuda Pontevedra e á asociación Boa Vida, a través destas organizacións se trasladarán ás persoas que o precisen.