Pechan ao tráfico, parcial ou totalmente, o Nó do Pino durante varios días para completar as súas obras
Por Redacción
As obras de remodelación do Nó do Pino, reanudadas tras facerse cargo Sacyr dos traballos adxudicados inicialmente a OCA, entra na súa fase definitiva. E debido á colocación das vigas, montaxe das prelosas e formigonado do taboleiro do novo paso de San Blas sobre a PO-10, que substitúe ao demolido en febreiro de 2012, será necesario cortar parcial ou totalmente os viais máis próximos.
Segundo informa o Ministerio de Fomento, para minimizar a afección ao tráfico, o desenvolvemento dos traballos e os cortes correspondentes executaranse en horario nocturno:
- Desde as 23:00 horas do xoves 30 de maio ás 07:00 horas do venres 31 de maio, cortaranse as calzadas do tronco da PO-10. Permanecerá aberto o ramal do Nó de O Pino sentido Marín, AP-9 e acceso ao centro comercial.
- Desde as 23:00 horas do venres 31 de maio ás 07:00 horas do sábado 1 de xuño, cortarase o ramal do Nó de O Pino sentido Marín, AP-9 e acceso ao centro comercial. A calzada da PO-10 sentido Pontevedra e o carril esquerdo da calzada da PO-10 sentido Marín permanecerán abertos.
- Desde as 23:00 horas ás 07:00 horas das noites do sábado 1 de xuño ao do domingo 2 de xuño, do domingo 2 de xuño ao luns 3 de xuño, e do sábado 8 de xuño ao domingo 9 de xuño, cortarase totalmente a PO-10 e o ramal sentido Marín, AP-9 e acceso ao centro comercial.
Cando se produzan os cortes totais ao tráfico da PO-10, cortarase a saída 132 B da AP-9. Os desvíos e cortes de tráfico estarán debidamente sinalizados, coa seguinte configuración para o caso de corte total:
- Os usuarios da AP-9 que vindo de Vigo ou de Santiago queiran acceder pola saída 132 B en dirección Ourense N-550, deberán utilizar a saída 132 A dirección Pontevedra Sur e seguir por Avenida Manuel del Palacio, Avenida Fernández Ladreda e Avenida de Vigo.
- Os usuarios que vindo de Marín queiran acceder á N-550 dirección Vigo/Redondela, recoméndase continuar pola PO-12 en sentido Pontevedra e continuar por Avenida Manuel del Palacio, Avenida Fernández Ladreda e Avenida de Vigo.
- Os usuarios da N-550 (Sur) que queiran acceder á PO-11 dirección Marín, deberán seguir o itinerario Avenida Vigo, Avenida Fernández Ladreda, Avenida Manuel del Palacio, Avenida Marín, PO-11.
- Os usuarios da PO-542 (O Marco) que queiran acceder á PO-11 dirección Marín, deberán seguir o itinerario Avenida Vigo, Avenida Fernández Ladreda, Avenida Manuel del Palacio, Avenida Marín, PO-11.
- A saída desde San Blas (Centro comercial) cara á PO-10 quedará cortada a partir das 23 horas, co horario comercial xa finalizado, para reabrirse pola mañá.
- Para os veciños do Barrio de San Blas, o acceso recomendado será por Rúa Herminia Fariña Cobián (acceso ao quinto instituto)
- Para os veciños de Salcedo, o acceso recomendado será desde N-550 á altura do lugar de Cabanas. (Novo acceso xunto ao lavado de coches).
Nas fases nas o corte sexa parcial, quedarán abertos ao tránsito o resto de movementos conforme ao expresado no esquema inicial. Así, a noite do xoves ao venres estará aberto o ramal de enlace do Nó de O Pino sentido Marín, AP-9 e centro comercial. Isto esixirá o tránsito pola glorieta norte aos vehículos procedentes de O Marco para tomar dito itinerario.
Pola contra, a noite do venres dito ramal estará cortado e estará permitido o paso polo tronco da PO-10 en ambos sentidos, aínda que con restricción a un só carril.