A Comisaría aconsella pedir cita con antelación para renovar o DNI
Por Redacción
Coa chegada do Nadal, como sucede con todas as tempadas festivas e vacacionais, é habitual que se dispare o número de cidadáns que acode a renovar o DNI e o pasaporte. Ante a previsión deste incremento de usuarios, desde a Comisaría Provincial de Pontevedra lémbrase a todos os cidadáns que fagan a previsión necesaria para a renovación da documentación para, desta forma, evitar esperas e desgustos de última hora,
Este consello cobra importancia no caso dos cidadáns que teñan intención de viaxar, pois poden atoparse con que, se planean a renovación con pouca previsión, non consigan cita para facelo en prazo.
Así, recoméndase aos cidadáns que comproben a vixencia da súa documentación para evitar situacións como a alteración ou mesmo a anulación dun voo, ao negar a compañía o acceso ao titular do billete por non ter a documentación en regra.
A Comisaría lembra que se pode renovar o DNI cunha antelación de 180 días antes da data de caducidade. Para facelo, é necesario solicitar cita previa. Pódese facer a través de Internet na páxina www.citapreviadnie.es.
O DNI expídese na antiga sede do Banco de España de Pontevedra, á que se accede pola rúa Fernández Villaverde en horario continuado de 9.00 a 17.00 horas de luns a xoves e de 9.00 a 15.00 horas os venres.
Relacionadas:
-
Pontevedra sufriu un recorte de 24 efectivos do persoal encargado da expedición do DNI
Por Redacción |
-
As novas oficinas do DNI, unha factoría de 26.126 documentos
Por Natalia Puga |
-
A oficina do DNI de Marín rexistra colas dende as catro da mañá
Por Redacción |
-
O DNI estrea oficinas: "Son más cómodas y céntricas"
Por Natalia Puga |