Alumnos de Primaria do CEIP San Bieito de Lérez visitan o 'director' Lores
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
"De que traballas?" "Traballas moito?" ou "Déixanche asinar autógrafos?". Son algunhas das preguntas que os mozos e intrépidos reporteiros do CEIP San Bieito de Lérez fixéronlle este mércores ao alcalde de Pontevedra.
Miguel Anxo Fernández Lores recibiu no Concello a nenos e nenas de 1º e 2º curso de Primaria deste centro educativo.
Lores explicoulles o funcionamento da administración e definiuse como o "director do Concello", comparándose co traballo dos directores e directoras dos colexios.
Atentamente os pequenos atenderon ás explicacións e non deixaron de preguntar as súas dúbidas sobre algo tan descoñecido para eles como é a política municipal.