Marín selecciona menores de 30 anos para un programa de formación laboral
Por Redacción
Os responsables de emprego do Concello de Marín están a levar a cabo a selección das persoas que participarán no programa integrado EmpregaMarín, que chega a súa quinta edición. Esta selección vai realizarse ata o 2 de xaneiro de 2019.
A proposta, que conta co apoio da Xunta de Galicia, ofrece diversas accións como formación e orientación laboral ata prácticas. Ao mesmo tempo, esta iniciativa fomenta a capacidade emprendedora.
As persoas interesadas teñen que estar inscritas como demandantes de emprego na oficina comarcal de Pontevedra. Deben, ademais, contar con menos de 30 anos e carecer de cualificación. Polo momento están apuntadas 82 persoas e aínda quedan prazas libres.
Este proxecto de formación laboral conta cun orzamento de 250.000 euros e o prazo de execución comezaba o 2 de novembro e rematará o 31 de outubro de 2019. O obxectivo é que as persoas participantes realicen prácticas en empresas relacionadas co sector en que se teñan formado para poder integrarse de maneira máis rápida á actividade laboral.