Falece o empresario pontevedrés Manuel Durán Couto
Por Redacción
O coñecido empresario pontevedrés Manuel Durán Couto, que foi presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra durante seis anos e ocupou cargos políticos e empresariais na cidade, faleceu este mércores.
Durán Couto é fundador da empresa de comercialización de pinturas e produtos similares 'Comercial Durán' e da imprenta 'Gráficas Duher'.
Presidente da desaparecida Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra entre 1999 e 2005, formou parte do comité executivo da cameral durante 14 anos. No ámbito empresarial Durán Couto tamén pertenceu á executiva da Asociación de Empresario da Mediana e Pequena Empresa de Pontevedra (AEMPE), chegando a ocupar o cargo de vicepresidente.
Tampouco pasou desapercibido o seu paso pola vida política e deportiva de Pontevedra. Tivo representación na corporación municipal entre 1987 e 1995 en gobernos do Partido Popular con José Rivas Fontán e Javier Cobián. Entre 1987 e 1991 foi tenente de alcalde do Concello de Pontevedra e delegado de Policía e Bombeiros e entre 1991 e 1995, concelleiro responsable de Comercio, Industria e Turismo.
O coñecido empresario tamén foi presidente fundador e patrocinador do 'Club Voleibol Pontevedra' e fundador do Club Galego de Automóbiles Antigos.