Lores reúnese con 120 empresarios galegos no aniversario de BNI Milenium
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, reuníuse este martes co grupo de empresas BNI Milenium Pontevedra, que acaba de superar os 4,3 millóns de euros de negocio.
As 34 empresas e profesionais que conforman actualmente o grupo pontevedrés de BNI conmemoran deste xeito o seu cuarto aniversario, acompañados de 120 representantes de empresas, todas elas integrantes dos grupos BNI "Up" de Vigo, "Silgar" de Sanxenxo y "Stellae" de Santiago de Compostela.
A reunión foi unha xornada de traballo que comezou ás 19.00 horas na que se compartiron as experiencias e sinerxias acumuladas nos catro anos de actividade.
BNI (Business Network International) é unha organización profesional de networking que ten como obxectivo o fomento do intercambio de referencias cualificadas de negocios, facilitando deste xeito novos clientes para os seus integrantes a través dun programa estruturado de marketing por recomendacións. En España existen 119 grupos activos, 31 deles en Galicia, con máis de 3.215 membros. A nivel mundial operan máis de 8.000 grupos e 200.000 membros en 70 países.
Actualmente o grupo BNI "Milenium" de Pontevedra conta con 34 empresas integrantes, pero a longo dos últimos catro anos tomaron parte activa nesta organización máis dun cento de compañías, que se sumaron ás oportunidades de negocio e viron fortalecidas as súas áreas de traballo.
Estes empresarios reúnense un día á semana para participar nunha sesión de networking estruturado establecido na axenda semanal na que se presentan as empresas e realizan un intercambio de referencias en busca de novos negocios.