Ingresa en prisión un ladrón cun amplo historial de roubos en Sanxenxo
Por Redacción
O veciño de Vilalonga G.G.L., detido recentemente pola súa presunta participación no roubo da oficina de Correos da parroquia, ingresará ao longo da xornada deste martes no centro penal da Lama para cumprir unha condena que tiña pendente por un delito anterior.
A Garda Civil detívoo este martes en virtude dunha orde xudicial de ingreso en prisión ditada polo Xulgado do Penal 1 de Pontevedra para cumprir unha condena de seis meses.
O home, de 33 anos e cun amplo historial delituoso por delitos contra o patrimonio no municipio de Sanxenxo, foi arrestado está mañá por efectivos do posto principal da Garda Civil de Sanxenxo nas inmediacións do seu domicilio.
Tras ser trasladado ás dependencias da Garda Civil, dispúxose o seu envío inmediato á Lama.