Unha persoa resulta ferida nunha colisión entre tres vehículos no Grove
Por Redacción
Unha persoa resultaba ferida con danos leves, despois de que se vira implicada no impacto entre tres turismos que circulaban pola rúa Luis Antonio Mestre, no municipio do Grove.
Ao redor das 11.00 horas deste luns, o servizo de Emerxencias do 112 Galicia recibía unha chamada alertando do accidente.
Desde o 112 Galicia avisábase ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local e aos integrantes do servizo de Emerxencias de Protección Civil do Concello.