A ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, participou nun acto do PSOE en Pontevedra
Por Mónica Patxot
A ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, participou este mércores en Pontevedra nun acto organizado polo Partido Socialista para abordar a situación da sanidade pública galega.
A ministra estivo arroupada polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, así como dalgúns dos principais representantes e cargos públicos do Partido Socialista na provincia.
O acto desenvolveuse no Café Moderno pechando a visita da ministra a Galicia, que araincou pola mañá en Ourense onde a resposable do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, anunciou que o Goberno aprobará en 2019 unha nova estratexia estatal de voluntariado onde participarán "todos los actores implicados" e determinará as "grandes líneas estatales de actuación" nesta materia.