Xornada de xura de bandeira e entrega de despachos na Escola Naval
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Este luns celebrábase na Escola Naval Militar o acto de xura de bandeira de aspirantes do Corpo Xeral e Infantería de Mariña, Intendencia e Enxeñeiros e Oficiais de Complemento, e a entrega de Reales Despachos aos novos oficiais do Corpo Xeral e Infantería de Marina.
O almirante director de Ensinanza Naval, Victoriano Gilabert Agote, presidía este acto. Xuraron bandeira un total de 46 aspirantes.
Despois entregáronse os Reais Despachos aos 11 novos oficiais, 10 do Corpo Xeral e un de infantería de Mariña, que remataron os seus estudos na Escola Naval Militar de Marín.
Finalmente levouse a cabo o desfile do batallón de estudantes pola chaira das instalacións militares.
Xura de bandeira e entrega de Despachos na Escola Naval
Almirante Director de Ensino Naval, Victoriano Gilabert Agote
© Escuela Naval de Marín