Marín estrea un novo banco con vistas na Teoira
Por Redacción
O Concello de Marín está de estrea e suma outro banco á lista dos que presumen das "mellores vistas" de Galicia
O goberno local instalou un banco no miradoiro da Teoira desde o que se pode gozar dunha panorámica privilexiada da ría de Pontevedra.
Desde este lugar pode divisarse o litoral marinense e tamén outros municipios como Poio ou Sanxenxo, ademais da Illa de Ons.
Este banco súmase ao instalado no seu momento na zona de Pastoriza e que se converteu nun reclamo turístico máis dos existentes no municipio.