Cuntis rehabilita unha fonte pública en Vilar
Por Redacción
O Concello de Cuntis procedeu a atender a demanda da veciñanza do lugar de Vilar e rehabilitou a fonte pública.
Debido ao deterioro da instalación foi necesario proceder a súa demolición completa. Estaba construida en ladrillo revestido con cemento o que facía imposible a súa recuperación.
Os traballos consistiron na dotación de pavimento de pedra país e a construción dun novo pedestal da fonte así como a colocación dunha grella metálica na canalización de pluviais.
As obras foron realizadas polos operarios da brigada de obras do Concello de Cuntis.