Clementina Fernández presume de boa saúde aos 102 anos
Por Redacción
Chámase Clementina Fernández Casanova e este domingo celebra que hai 102 anos que naceu. Esta muller, veciña do lugar da Casiña, en Arcos de Furcos, no municipio de Cuntis, asegura que se atopa moi ben de saúde, malia ter vivido xa máis dun século de experiencias.
Este domingo celebraba o seu aniversario acompañada polos familiares e amosábase moi emotiva.
Á festa asistiron tamén o alcalde de Cuntis, Manuel Campos e a concelleira de Servizos Sociais, Conchy Campos.
Ambos comprobaron que os anos non parecen pasar por esta veciña que soprou, encantada, as candeas da tarta durante a celebración e recibiu un ramo de flores como agasallo.