A Asociación de Rescate Animal 'Cadeliños' organiza un magosto solidario en Barro
Por Redacción
O exterior das instalacións da Comunidade de Montes de Curro acollerá o vindeiro sábado 17 de novembro unha xornada solidaria en favor da Asociación de Rescate Animal 'Cadeliños'.
A actividade prevista, e organizada por Cadeliños en colaboración do Concello de Barro e da Comunidade de Montes, é o primeiro Magosto Solidario.
A recadación da xornada destinarase integramente aos fins desta asociación que se dedica a rescatar animais abandonados e buscarlles un novo fogar.
A actividade iniciarase ás 16:00 horas cunha ruta de sendeirismo de 5 quilómetros na que se anima a ir acudir acompañado de cans. Ao final da marcha terá lugar a degustación de castañas asadas así como de diferentes sobremesas por un importe de 5 euros.
Así mesmo, instalarase un posto informativo e de venda de artigos de Cadeliños e tamén se poderán coñecer algúns dos cans que están en adopción.