Os socialistas reclaman un maior coidado das árbores na cidade
Por Redacción
O PSdeG-PSOE alerta do "abandono" e o "descontrol" que existe na cidade en Pontevedra con respecto ao coidado das árbores plantados en rúas e prazas.
"Hai ramas de árbores que literalmente entran polas ventás das casas", denuncia o voceiro socialista, Tino Fernández, que lamenta que as árbores da cidade estean "desatendidas", algo que ve como un "síntoma" dun goberno en plena "espiral de declive".
Fernández asegura que "dá pena" pasear por Pontevedra e ver como as árbores "medran sen control", o que denuncia que "non favorece" á imaxe da cidade.
O portavoz socialista achaca ao goberno un "desleixo" na atención das cousas máis sinxelas e que, xunto co coidado das árbores, ven nunha "deficiente" recollida de lixo, a maleza que hai nos barrios ou o mal estado de zonas verdes e parques infantís.
Os socialistas invitan ao alcalde a que se dea unha volta polas rúas de Pontevedra, porque "parece que ultimamente pasea pouco por elas", sinala Tino Fernández.