Rafael Louzán: "Eu non vin ningún tipo de crítica de José María Aznar a Rajoy"
Por Redacción
Rafael Louzán non viu críticas nas alusións que o expresidente do goberno, José María Aznar, lanzou á xestión de Mariano Rajoy cando na entrevista en Antena 3 indicou que "El castigo a las clases medias está siendo muy fuerte. España necesita una reforma fiscal profunda", además de añadir que "hace falta bajar los impuestos".
O presidente provincial do Partido Popular refiriuse á entrevista televisiva da seguinte forma: "o que vin é que José María Aznar é destas persoas que non ten medias palabras. Fala alto e fala claro. A min gústanme os políticos que falan así. Se nalgo non podemos estar ao mellor dacordo é en que quen mellor sabe como está a situación é Rajoy. El é quen debe tomar a decisión que eu estou seguro de que a vai tomar de baixar impostos e cumprir co programa electoral".
Rafael Louzán engadíu: "estou convencido de que Rajoy será quen nos saque desta situación xunto á sociedade. Porque as veces pensamos que o goberno ten a variña máxica pero a variña máxica témola todos".
En relación coa petición por parte do PSOE provincial dunha reacción social ante os recortes, Louzán reclamou responsabilidade por parte dos partidos políticos: "Nos gustaría ver un Partido Socialista máis adaptado á realidade e non facer demagogia. O Partido Popular intenta sacar da quiebra á España que o PSOE deixou. Apelar a responsabilidade de todos é importante. Non debemos trasladar máis alarmismo á sociedade porque xa está bastante preocupada".