Temperaturas de ata 27 graos nas Rías Baixas, previsión para esta fin de semana
Por Redacción
O Levante peninsular sofre durante estes días os efectos da gota fría con tormentas e choivas fortes. O contraste a esta situación atópase nas Rías Baixas. Esta fin de semana, a provincia de Pontevedra manterase baixo a influencia anticiclónica.
Este venres 19, a previsión do servizo de Meteogalicia indica que se presentarán ceos despexados no sur e temperaturas que se situarán entre os 14 e os 24 graos, con ventos do nordés.
Xa o sábado, os ceos permanecerán moi abertos, con ventos do nordés que soprarán con intensidade moderada. As temperaturas irán experimentando lixeiros ascensos establecéndose en mínimas de 15 e máximas de 26 graos.
Galicia continuará baixo a influencia das altas presións durante o domingo 21 que achega estabilidade. Entrará aire cálido desde o sur e espérase unha xornada de ceos despexados con temperaturas que alcanzarán os 27 graos, con ventos que soprarán frouxos de compoñente leste.
Ao longo da vindeira semana, as Rías Baixas van manterse afectadas polas altas presións que se atopan estacionarias sobre Irlanda. Desta forma, os ventos ofrecerán poucas nubes e se amosarán despexados e as temperaturas irán descendendo progresivamente situándose o luns entre os 16 e os 23 graos.