Diego Álvarez, adestrador de animais: "Os cans están fatal educados"
Por Anxo Lourido
O adestrador de cans de Pontevedra, Diego Álvarez, é contundente: "si no trabaja el amo, no se consigue adiestrar a un perro". Dio na Praza da Peregrina onde se desenvolve unha pequena mostra de como se deben educar a estes animais para que cumpran coas normas fundamentais de convivencia. O monitor indica: "un perro debe responder a las cuestiones fundamentales: sentarse, tumbarse, quedar quieto y acudir a la llamada. Si un perro se escapa a la carretera, tiene que obedecer órdenes para que regrese".
Dúas pastoras alemás, Bimba e Chispa, teñen moi asumidas as ordes da monitora Leticia Lama e así mostraban os seus bos modais ante o público.
Diego Álvarez e Leticia Lama traballan como educadores de cans. Ela en Cerdedo e el en Pontevedra onde, asegura, "los perros están fatal educados. La gente coge un perro y ya está. El perro hace lo que le dice su instinto. No para jorobar". Por iso responsabiliza os donos. Considera que os propietarios son os que teñen que conseguir facilitar unha boa convivencia: "no se puede tener un perro ladrador, que se suba, que sea agresivo...". E sentencia asegurando que "todas las razas son educables".
O prezo dunha sesión de aprendizaxe rolda os 60 euros e con tres ou catro, o animal pode estar educado. Iso si, os monitores recordan que é fundamental que os donos realicen as pautas que se lles indican para que os cans continúen comportándose correctamente.
Coa idea de que os propietarios poidan aprender fórmulas para educar ás súas mascotas, o 24 de maio desenvolverase unha sesión teórica na Casa das Campás ás 8 da tarde. E ao día seguinte, realizarase unha exhibición práctica na Xunqueira.
O concelleiro Miguel Filgueira afirma que, sen ter un censo, Pontevedra conta con máis cans por habitante que a media de cidades. Hai dous anos, o número de cans perigosos na capital roldaba os 200.