A Escola Naval Militar celebra o Día das Forzas Armadas en Marín e Pontevedra
Por Redacción
A Escola Naval Militar vai celebrar a próxima semana, con motivo do Día das Forzas Armadas, unha serie de actos culturais e divulgativos en Pontevedra e Marín co propósito de "proporcionar aos cidadáns un maior coñecemento das misións que realiza a Armada no seu obxectivo de defensa dos intereses de España na mar".
En Marín, se impartirán dúas conferencias na biblioteca municipal Vidal Pazos. O luns o capitán de corbeta Pablo Álvarez Mira falará sobre "A Mariña científica" e o xoves realizarase unha charla sobre o mariño "Jaime Janer" a cargo do historiador Agustín Rodríguez.
O venres a Escola Naval Militar realizará un acto de xura de bandeira de reservistas voluntarios. A entrada á Escola, será libre, para todas aquelas persoas que teñan a invitación correspondente. Para solicitar e reservar as citadas invitacións poderase chamar do xoves día 23 ao martes día 28 de maio, en horario de 08:30 a 12:00 horas, ao teléfono 986 80 47 10.
Para rematar, a Banda de Música da Escola ofrecerá un concerto o sábado pola tarde na Praza de Abastos.
As actividades relacionadas co Día das Forzas Armadas que se desenvolverán en Pontevedra comezarán o martes coa presenza da Banda Sinfónica da Escola Naval Militar no Liceo Casino. No mesmo escenario, Agustín Rodríguez impartirá ao día seguinte a conferencia "Vitorias por mar dos españois".
Para rematar, desde o mércores ao venres realizarase no Sexto Edificio Museo unha exposición fotográfica e audiovisual da Escola Naval, que culminará o último día coa proxección de imaxes do NODO e da película Botón de Ancla.