O director da Escola de negocios de Novacaixagalicia aposta polo crowdfunding
Por Redacción
O director da Escola de negocios de Novacaixagalicia, Eduardo García, considera que non é difícil conseguir financiamento cando un proxecto empresarial ten saída. "La dificultad se encuentra en plantear la viabilidad del proyecto", admite pero sinala que é necesario buscar novas fórmulas "hay que apostar por la innovación y buscar nuevas vías de financiación". García móstrase partidario de sistemas similares ás cooperativas: "El crowdfunding va en esa línea. Se trata de la participación de muchos con la aportación de pocas cantidades".
O máximo responsable da Escola de negocios asegura que máis dun millar de emprendedores que pasaron por este espazo de formación crearon as súas propias empresas.
O presidente de AEMPE, José María Corujo e Eduardo García asinaron un convenio para que os 500 integrantes da Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa poidan participar, cun desconto na matrícula, dos cursos e eventos que organiza a Escola. Ademais, as dúas institucións colaborarán para organizar actividades como a que se desenvolverá o 5 de xuño coa conferencia de Mario Weitz, colaborador do Banco Mundial que traballou no Fondo Monetario Internacional. A súa charla leva por título: Quen ten razón? Obama ou Merkel?