Atopan unha caixa con cachorros abandonados na zona de Castiñeiras
Por Redacción
Un grupo de ciclistas rescatou na mañá deste domingo a cinco pequenos cachorros de can que foran abandonados nunha zona próxima ao Lago de Castiñeiras.
Estes ciclistas, entre os que se atopaba o sarxento do Seprona da Garda Civil en Pontevedra, gozaban da súa afección pola bicicleta de montaña cando toparon cunha caixa de cartón na que se atopaban os pequenos animais.
Ante o achado decidiron chamar á patrulla do Seprona de Cangas, que se fixo cargo dos cachorros.
Finalmente os cinco cans foron recollidos por persoal do centro de acollida e protección de animais (CAAN) da Deputación.
Relacionadas:
-
RADIO.- Podcans aconsella como interactuar entre nenos e cans na casa
Por Redacción |
-
O lago de Castiñeiras agarda pola choiva para recuperar o seu esplendor
Por Redacción |
-
Unha campaña audiovisual para achegarse á problemática do abandono animal "con outros ollos"
Por Natalia Puga |
-
A Deputación ampliará a canceira provincial para acadar un maior benestar dos animais
Por Redacción |