Os nenos toman o protagonismo na semana grande da Garda Civil
Por Redacción
A Comandancia da Garda Civil de Pontevedra está a vivir a súa semana grande, varios días de celebracións e actos para honrar á súa patroa, a Virxe do Pilar, e, como é habitual desde hai anos, gran parte do protagonismo recae nos nenos. Este venres, un grupo de pequenos visitou as instalacións da avenida Domingo Fontán e gozou dunha gran festa infantil.
Os colchóns inchables acapararon a atención de boa parte dos pequenos visitantes, pero nas actividades programadas pola Comandancia non faltaron outros focos de entretemento, como, por exemplo, o tiro con arco.
Desde a Garda Civil destacan que se tratou dunha xornada entrañable na que gozaron ao grande os mozos, pero tamén os seus familiares adultos e o persoal da Comandancia que colabora para que este tipo de actividades sexa posible.
Este tipo de actividades paralelas aos actos oficiais do Día do Pilar pretenden demostrar que os nenos son o "motor" da sociedade e deste Corpo e tamén os "verdadeiros protagonistas" da festividade da súa patroa. O día grande chegará o próximo 12 de outubro, propiamente Día do Pilar.