Terminan as obras de mellora dos accesos de Areas Gordas e A Lapa
Por Redacción
Esta semana terminaron as obras de mellora dos accesos ás praias de Areas Gordas e A Lapa, encamiñadas á preservación, recuperación e mellora dos espazos incluídos na Rede Natura 2000.
A Consellería de Medio Ambiente activou unha liña de axudas que foron repartidas entre seis concellos da comarca do Salnés.
Un orzamento de 19.500 euros foi investido nas praias de Areas Gordas e A Lapa. A actuación consistiu na colocación dunha pasarela, unha escaleira e unha varanda de madeira para acceder a estes areais. Ademais, habilitouse unha zona de paso de tráfico lixeiro, con xabre, de 3 metros de ancho.
Este proxecto redactouse por ser esta unha zona dunar onde se aprecian dunas móbiles embrionarias, dunas brancas e dunas grises. O lugar é utilizado como acceso a estas dúas praias, o que fai que, especialmente durante a tempada estival, sufra unha gran presión, polo continuo piso, favorecendo á extensión das dunas e a interrupción da erosión provocada polo vento.
É por iso, que, con este proxecto, búscase mellorar a conservación deste espazo natural protexido dentro do complexo intermareal Umia- O Grove.
Ademais, é un lugar denominado de Importancia Comunitaria, con zona de especial protección dos Valores Naturais, Zona Húmida Protexida, Zona de Especial Protección para Aves e Zona Ramsar.