VÍDEO.- Haka maorí na praza da Verdura
Por Mónica Patxot
Medio centenar de estudantes de Nova Zelandia representaron este xoves na Praza da Verdura unha haka, que é un tipo de danza de guerra maorí antiga que se usaba tradicionalmente no campo de batalla e cando os grupos se reunían en paz.
Estes mozos atópanse estes días en Pontevedra con motivo dun intercambio estudantil co IES Luís Seoane, de Monte Porreiro,quen lles respondeu á súa cortesía interpretando A Rianxeira, "non é o noso himno, pero case", explicáronlles.
Os estudantes foron recibidos polo alcalde na Casa dá Luz.