Un motorista, ferido ao caer do seu vehículo entre O Pontillón e Bora
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un home resultou ferido este domingo e tivo que ser trasladado ao Hospital Montecelo tras verse implicado nun accidente de circulación cun único vehículo implicado.
Segundo consta recollido no Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro produciuse sobre as 10.30 horas na estrada secundaria que comunica o encoro do Pontillón do Castro coa parroquia de Bora.
Por motivos que se descoñecen, o condutor dunha motocicleta perdeu o control desta e caeu á calzada. No impacto sufriu policontusións e tivo que ser atendido polo persoal dunha ambulancia do 061. A continuación, foi trasladado ao hospital.