A rúa Castelao, pechada ao tráfico por obras de asfaltado
Por Redacción
A rúa Castelao de Pontevedra permanecerá pechada ao tráfico rodado este luns en horario de mañá e tarde para permitir as obras de asfaltado necesarias para o fresado e asfaltado dos estacionamentos da rúa, que se atopan moi deteriorados.
A rúa permanecerá pechada de 9.00 a 13.30 horas pola mañá e de 15.00 a 19.30 horas pola tarde, aínda que os que si terán acceso serán os veciños que queira acudir aos seus garaxes e os vehículos de emerxencias que vaian ao servizo de Urxencias do hospital Quirón Salud Miguel Domínguez.
Ademais, nestes días o Concello está a rematar os traballos de pavimentación das rúas García Camba e Oliva, unha obra de maior complexidade xa que a zona de estacionamentos de García Camba estase a facer en formigón, para alongar a súa vida útil, e a mellorar o paso peonil entre García Camba e Daniel de la Sota.
Nos vindeiros días tamén se realizarán pavimentacións noutros tramos urbanos de rúas como Raíña Vitoria e en Eduardo Pondal.