O goberno local presume de estar executando obras na cidade por valor de 16 millóns de euros
Por Redacción
O concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez, informou na comisión celebrada este venres das obras que se están executando en Pontevedra durante estas semanas por valor de 16.435.000 euros.
Gómez afirmou que todos os servizos técnicos municipais atópanse implicados nestes traballos e destacou o nivel de coordinación nos operativos ata o punto de sinalar que as retencións de tráfico apenas provocaron atrasos de 5 minutos nos traxectos dos autobuses escolares en horas punta. Afirmou tamén que o nivel de esixencia da cidadanía pontevedresa é "elevadísimo".
Tamén quixo facer referencia a que todos os centros de ensino do municipio quedarán acondicionados con medidas de seguridade viaria. Nestes momentos, realízanse as obras ante o Centro de Vilaverde e tamén anunciou que se acometerá a creación de pasos elevados ante o Vidal Portela, na avenida de Buenos Aires. Alí instalaranse dous reductores de velocidade no tramo entre a ponte de Santiago e o dos Tirantes.
Sinalou que en dotacións deportivas está a acometerse os seguintes proxectos con estas contías económicas que superan os 6.300.000 euros:
Accesibilidade ao Pavillón Municipal: 240.000 €
Reforma integral do Pavillón Multiusos: 2.100.000 €
Campo de Fútbol de Cerponzóns: 1.000.000 €
Campo de Fútbol de Gatomorto: 1.000.000 €
Campo de Fútbol de Campañó: 1.000.000 €
Campo de Fútbol de Ponte Sampaio: 1.000.000 €
Ademais abórdanse as obras de creación dos Centros Sociais de Lourizán e O Burgo, con investimentos de 640.000 e 440.000 euros. E en canto a obras de mellora dos espazos públicos destacou os seguintes traballos por máis de 7.000.000 euros:
Virxe do Camiño: 1.400.000 €
Cruz Vermella: 1.400.000 €
O Gorgullón: 1.500.000 €
Núcleo de Centralidade de Pidre: 220.000 €
Acceso á Igrexa de Bora: 60.000 €
Acceso a Matos da Trepa 200.000 €
Reforma do Barrio da Seca (Rúa F. Olmedo, Rúa C. Gómez Rúa da Seca e novo parque da Seca): 750.000 €
Contorna do IES Torrente Ballester: 240.000 €
Rúa Suecia: 240.000 €
Camiño Escolar do CEIP San Martiño: 130.000 €
Camiño Escolar do CEIP de Vilaverde: 240.000 €
Mellora integral do alumeado de Bora e de Canicouva: 220.000 € e 200.000 €
Remodelación da Xunqueira da Gándara 200.000 €
O saneamento do Río dos Gafos conta cun investimento de 1.125.000 euros, o axardinamento de varias rotondas tamén se está desenvolvendo cun orzamento de 80.000 euros, ao que se suma o cambio de pavimento na rúa da Oliva e diversos asfaltados urbanos (Rúa da Oliva, Rúa de Sagasta, Rúa de Castelao e varias rotondas con investimentos superiores a 500.000 euros, cunha partida para o pintado de rúas con especial atención nas zonas de petición policial e na contorna dos centros de estudo. No rural, están a realizarse tamén obras de mellora do espazo público cun orzamento que se sitúa en 240.000 euros.
Na comisión rexeitouse a petición por parte dos representantes do Partido Popular de suprimir os "lombos" no acceso a Montecelo co voto en contra do presidente da comisión e a abstención de Marea Pontevedra. Tamén se debateu a petición de Cidadáns sobre o control de actos vandálicos en mobiliario urbano.
Relacionadas:
-
Pontevedra aumentará ata o millón de euros o contrato de reparacións urbanas
Por Alejandro Espiño |
-
A nova praza en Virxe do Camiño recupera o cruceiro que antes se atopaba en Eduardo Pondal
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Unha nova praza une os dous locais sociais de Pidre
Por Redacción |
-
Pontevedra conxelará por quinto ano consecutivo todas as súas taxas e impostos
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE contrapón a mobilización de obras do centro de Pontevedra co "abandono" da periferia
Por Oskar Viéitez |
-
O treito peonil da rúa Oliva muda de aspecto
Por Alejandro Espiño |
-
A rúa Castelao, pechada ao tráfico por obras de asfaltado
Por Redacción |