![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51977469658b3-aavvmarin_ence_2013_maio_h.jpg)
CC BY-NC-SA Grupo Ence
Os veciños de Marín coñecen in situ as interioridades e a actualidade de ENCE
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/519778912efb3-aavvmarin_ence_2013_maio_v.jpg)
CC BY-NC-SA Grupo Ence
Representantes de seis asociacións de veciños de Marín visitaron nos últimos días as instalacións industriais de Ence en Lourizán e mantiveron un encontro co director de Ence en Pontevedra, Antonio Casal, para coñecer máis de preto a factoría e o traballo que realiza.
No transcurso do encontro, Casal explicoulles os plans de mellora ambiental da factoría: o Plan de Eliminación de Olores; os avances no proxecto de redución de emisións de vapor, dos que lles asegurou que en boa medida xa son visibles; e o desenvolvemento do Concurso Arquitectónico.
Segundo informou o Grupo Ence nun comunicado, os asistentes ao encontro tamén se interesaron pola situación da factoría logo da aprobación da nova Lei de Costas e o seu impacto económico na comarca.
No encontro participaron directivos das asociacións Xuntanza Río Loira, Ardán, Viñas Brancas, San Xosé de Cantodarea, a Asociación Camiño Vello de Maiores, Xubilados e Pensionistas de Marín e comarca e Francisco Pérez Crespo de Mogor, todas elas integradas na Federación de Asociacións de Veciños Ría de Marín.