Os veciños de Eduardo Pondal reivindican o traballo feito a man
Por Diego Torrado
A asociación de veciños Eduardo Pondal levou a cabo este sábado na Praza da Curtidoira por segundo ano consecutivo a iniciativa Labores na Rúa, unha cita para reivindicar o traballo feito a man.
Os participantes comentaban que para moitos semella que facer ganchelo, calceta ou coser, son cousas do pasado que tan só serven para manter ocupada á xente que non ten nada que facer, pero en realidade supón aproveitar o tempo, aforrar cartos e crear arte.
Esta xornada tiña como obxectivo poñer en contacto as distintas asociacións, coñecerse máis e compartir as distintas actividades que levan a cabo para complementarse.
Tamén se aproveitou para poñer en valor ao pequeno comercio, que non só venden fíos e agullas, senón que ademáis preocúpanse de ensinar os distintos usos que se lle pode dar.