Homenaxe popular ao último xoglar do Salnés
Por Redacción
Este venres tivo lugar a presentación do libro editado pola Deputación de Pontevedra que recolle un traballo de investigación sobre a vida e a obra de Eugenio Padín, elaborado por Manuel Paz.
Eugenio Padín, ou máis coñecido polo seu alcume como "o Cego de Padrenda", foi un veciño de Meaño nacido a mediados do século XIX que percorría as romarías co seu acordeón e a súa zanfoña, cantando as súas propias coplas.
Ademais da publicación tamén se descubriu unha escultura en homenaxe a este persoeiro creado polo escultor Lucas Míguez, que foi instalado fronte a casa de cultura de Padrenda. No acto participaron o presidente da Deputación, Rafael Louzán; a alcaldesa, Lourdes Ucha Varela; e a viúva, Milagros Pérez, ademais doutras autoridades da comarca e veciños.
O presidente da Deputación explicou que con estas dúas accións se pretende "recoñecer, non só a entrañable e importante figura de Eugenio Padín, senón tamén a de todos os xograres populares que, coma el, difundiron por Galicia adiante noticias, relatos, historias e aconteceres que, cun estilo literario, musical e popular, perante moitos anos, concitaron a atención das xentes en vilas, feiras, festas e pobos galegos".