A Xunta ve unha "deslealdade institucional" non ser invitada á xuntanza pola A-57
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Ningún representante da Xunta de Galicia foi convocado ao cumio pola A-57 que hai unhas horas tiña lugar na Subdelegación do Goberno entre representantes do Ministerio de Fomento e os concellos de Barro e Pontevedra. Para o goberno galego, foi unha "deslealdade institucional" que o Goberno non os invitaran.
O executivo central, segundo a Xunta, ignorou o "manifesto interese" do goberno galego, reiterado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, quen lle solicitou recentemente unha xuntanza para abordar este asunto á subdelegada do Goberno na provincia.
A ese respecto, o goberno galego recorda que manifestou "de forma reiterada" ao Ministerio de Fomento a súa aposta por unha alternativa de trazado de menor impacto social e territorial para o treito Pilarteiros-Curro da autovía A-57.
Por ese motivo, a Xunta demanda que o Goberno de España aposte polo diálogo e informe á Xunta de Galicia de calquera novidade que se produza ao respecto.
Relacionadas:
-
Pilar Rojo esixe a Fomento un trazado alternativo para a autovía A-57 no tramo Ermida-Pilarteiros
Por Redacción |
-
A estrada provincial Marcón-Pintos-A Reigosa estará cortada durante un mes
Por Redacción |
-
Barro e Pontevedra piden a Fomento cambiar o trazado do último treito da A-57
Por Alejandro Espiño |