Rescatan o cadáver dun home que apareceu flotando no río Lérez
Por Redacción
O cadáver dun home de mediana idade apareceu flotando esta mañá no río Lérez, entre as pontes do Burgo e das Correntes.
Foi un particular o que alertou ao 112 Galicia pouco despois das oito da mañá.
Ao lugar trasladáronse efectivos do corpo de Bombeiros de Pontevedra para rescatar o corpo do río.
Ademais, tamén se mobilizou unha ambulancia do 061 que, finalmente, non tivo que intervir ao estar o home xa falecido, e axentes da Policía Local e da Policía Nacional.
A Policía Nacional fíxose cargo da investigación para averiguar as causas da morte.