Cuntis e Moraña solicitaron a Augas de Galicia a limpeza do río Umia nas zonas expropiadas polo encoro
Por Oskar Viéitez
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo este martes unha reunión cos alcaldes de Cuntis e Moraña co gallo de informarlles do contido da reunión mantida o luns co comité de emerxencia constituido en Caldas de Reis pola microalga cianobacteria no río Umia e no encoro.
Durante a reunión, os alcaldes de Moraña e Cuntis transmitironlle o interese de ambos municipios en que se leven a cabo, por parte de Augas de Galicia, de traballos de limpeza do río nas zonas expropiadas para a execución do embalse, en especial, retirada de maleza e de arborado.
Ademais, Cores Tourís informoulles tamén de que os técnicos de Auga de Galicia analizarán nas próximas semanas a necesidade de acometer algunha mellora na EDAR de Cuntis para minimizar a presenza desta microalga, en especial, a posibilidade de executar un pozo de decantación de cara o inverno para frear a mestura das augas pluviais e residuais.