'Cazadores' de Pokémon unen as súas forzas nun evento colectivo en Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot
Aínda que non sexa tan popular como outrora, non significa que o xogo Pokémon Go -que causou furor en todo o mundo tras o seu lanzamento- quedase no esquecemento. Polo menos, non para os numerosos mozos que este sábado xuntáronse para 'cazar' a estes personaxes por toda a cidade de Pontevedra.
Todos eles forman parte da comunidade Pokémon Go Pontevedra, composta por uns 430 membros de todas as idades.
A quedada comezou na praza da Peregrina, pero a continuación os participantes percorreron gran parte da cidade durante case tres horas, formando parte dun evento a nivel mundial.
Pokémon Go é un videoxogo de realidade aumentada no que os xogadores deben 'cazar' aos personaxes desta coñecida franquía utilizando os seus dispositivos móbiles.
Aínda que tras o boom inicial o nivel de xogadores reduciuse, o xogo seguiu evolucionando incorporando elementos máis propios dunha rede social como incursións, amizades ou intercambios.