Comeza o curso nas Escolas de Música de Barro e Moraña
Por Oskar Viéitez
Tamén nas Escolas de Música comeza este mes de setembro un novo curso. É o caso das de Barro e Moraña.
BARRO
A Escola de Música de Barro manterá aberto o prazo de matrícula durante todo o mes de setembro, contará este ano con un total de 80 prazas instrumentais, ademáis de outras 40 prazas de música e movemento.
O curso comezará oficialmente este venres ás 21:30 horas, con unha reunión na Biblioteca pública de Barro na que se explicará o funcionamento da escola durante este curso, se presentará aos profesores de cada especialidade e se fará a escolla de horarios.
A Escola de Música de Barro conta coa ampla tradición musical do Concello de Barro como aval, os éxitos da Banda Xuvenil de Barro, así como as exitosas carreiras musicais de alumnos que comezaron nesta escola e acadaron as máis altas cualificacións nos Conservatorios Superiores de Vigo e A Coruña.
MORAÑA
A Escola de Música Municipal de Moraña empeza o curso académico cunha oferta récord de formación en ata 13 instrumentos e un total de 55 alumnos inscritos.
A posta en marcha deste novo exercicio formativo tivo lugar este mércores co acto de presentación das clases na Casa da Cultura, que contou coa presenza da alcaldesa, Luisa Piñeiro, e con varias actuacións musicais nas que participou, como convidado e colaborador, o coñecido profesor lalinense Benxamín Otero.
A escola arrancará as clases o vindeiro mércores 12 de setembro.