Obras na liña telefónica provocan cortes de tráfico en Eduardo Pondal
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra puxo en marcha na mañá deste xoves un corte parcial que afecta á rotonda da rúa Eduardo Pondal con Teixoeira.
O motivo deste corte dun carril de circulación foi a obra de canalización da liña telefónica.
Está interrompido o tráfico procedente da estación de tren cara Eduardo Pondal que foi desviado polas rúas Doce de Novembro e Teixoeira.
Espérase que as obras poidan finalizar sobre a unha da tarde deste venres.