Morre unha condutora en Valga arroiada por un camión
Por Redacción
Unha muller veciña de Valga, M.L.A., duns 60 anos, faleceu este mércores ao ser arroiado por un camión o vehículo que conducía.
Segundo informou o 112 e Protección Civil de Valga o sinistro tivo lugar sobre as 19.00 horas na estrada N-550 de Caldas a Valga, concretamente na entrada de Coros, antes de chegar ao cruce de Cuntis.
A condutora realizou un cambio de sentido nunha isleta. Ao incorporarse co seu coche de novo á calzada foi arroiada por un camión que viña de fronte, sendo imposible evitar o accidente para o transportista.
Aínda que acudiu o helicóptero do 112, as urxencias médicas certificaron a morte desta muller no lugar do sinistro.
Mentres se desenvolveron os labores de rescate a estrada permaneceu parcialmente cortada por axentes da Garda Civil de Tráfico orixinándose unha gran caravana.