A piscina de Baltar permanecerá pechada 15 días por tarefas de mantemento
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo informou de que, como todos os anos, a piscina e o ximnasio municipal permanecerán pechados para acometer labores de mantemento, desinfección e limpeza, desde o sábado día 1 ata o domingo 16.
Desde a Concellería sinalan a necesidade de levar a cabo estas tarefas de mantemento co fin de manter no mellor estado posible estas instalacións.
"A piscina municipal é un servizo moi demandado e en Sanxenxo podemos presumir de ser un dos poucos concellos que se encarga directamente da xestión deste servizo, ao contrario doutros concellos que o fan mediante unha empresa, vía concesión", declarou.